Xeométricas

Nacen en 1920, consecuencia das vangardas e a Bauhaus. Construídas a partir de liñas rectas e figuras xeométricas como o circulo e o cadrado, son minimalistas, sen modulación nin variacións dos grosores dos paos.


Avant Garde

Herb Lubalin 1970

Tipografía baseada no logo que Herb Lubalin deseñou para a revista Avant Garde Magazine en 1967, e que sería redeseñada en 1970 polo xenial tipógrafo xunto con Tom Carnase, engadíndolle os caracteres...


Avenir

Adrian Frutiger 1988

Este tipo foi creado por Adrián Frutiger en 1988, durante un período no que sentía a necesidade de deseñar tipografías sen serifas de estilo clásico. Por iso, o seu deseño está baseado na Futura e na...


Bauhaus

Edward Benguiat, Victor Caruso 1975

O prototipo desta tipografía foi deseñada por Herbert Bayer, profesor da famosa escola Bauhaus en Dessau, Alemaña, no ano 1925 na súa labor de crear unha tipografía Universal. O seu deseño responde ás...


Century Gothic

Fundición Monotype S. XX

Deseñada pola fundición Monotype, esta tipografía xeométrica sen serifa, cun estilo similar á Futura de Paul Renner, está baseada na 20th Century, debuxada por Sol Hess entre 1936 e 1947. Aínda que...


Futura

Paul Renner 1928

A Futura foi a tipografía de máis éxito da era Bauhaus e unha das máis famosas do século XX. Aínda que non había unha relación directa entre Paul Renner e a Bauhaus, a súa tipografía, deseñada para a...


Insignia

Neville Brody 1989

Realizada polo famoso deseñador gráfico británico Neville Brody, foi creada orixinalmente para a cabeceira da revista Arena en 1986 e publicada por Linotype en 1989. As súas formas xeométricas denotan...


Johnston Underground

Edward Johnston 1916

Esta lendaria tipografía sen serifa foi deseñada por Edward Johnston en 1916 para o sistema de sinalización da London Underground Railways (compañía de metro de Londres) baixo o encargo de Frank Pick....


Kabel

Rudolf Koch 1927

A primeira mostra desta tipografía apareceu en 1927, lanzada pola fundición alemá Gebr. Klingspor. Deseñada por Rudolf Koch, o seu nome fai honra á posta do primeiro cable telefónico transatlántico....


Serif Gothic

Herb Lubalin, Antonio DiSpigna 1974

Deseñada por Herb Lubalin e Antonio DiSpigna en 1972 para a International Typeface Corporation. Nun principio soamente se deseñou a versión Regular e Bold, e en 1974, DiSpigna ampliou a familia coas...


Super Grotesk

Svend Smital 1999

Creada por Svend Smital en 1999 para a fundición FontFont, está baseada no deseño que Arno Drescher desenvolveu na década de 1930. Esta última foi moi popular no Este de Alemaña como tipografía sen...


Typeface Seven

Neville Brody 1991

Publicada por FontFont en 1991, esta obra de Neville Brody está baseada nunha tipografía que creou en 1986 para empregar nos seus deseños de revistas e música. Xunto coa Typeface Six e a...


Typeface Six

Neville Brody 1991

Tipografía creada polo deseñador inglés Neville Brody e publicada pola fundición FontFont en 1991. A Typeface Six, xunto coa Typeface Seven son as versións Light e Bold dun alfabeto que Brody deseñara...


Variex

Zuzana Licko, Rudy VanderLans 1988

Tipografía xeométrica deseñada por Rudy VanderLans e Zuzana Licko en 1988 e publicada pola fundición Emigre. O seu deseño está baseado nunha liña central cun grosor uniforme ó longo de toda a letra. A...


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)